Mostrando entradas con la etiqueta poemas en galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poemas en galego. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de diciembre de 2020

Voces no sono (b)


Ás veces veñen voces
e fálanme no sono
como si non soubesen
que o seu tempo pasou.
A súa vella música
soa coma se fose
un aire cheo de chuvia
que se achega ata min.
Non saben que están mortas
nin que eu durmo. É así
como quizais me falan
as xentes que viviron
no mesmo sangue meu.
Os días de esas noites
teño visto, ó redor
das horas máis valeiras,
algúns raios de luz.
E, remuiñando neles,
miúdas criaturas
de po que se esvaecen
se achego a miña mau.
Serán eses os átomos
de aqueles brancos corpos
de roxiños cabelos
e paseniño andar
que se sabían ramos
das árbores da vida
e non dan esquecido
que un día foron ollos
e aínda queren ver
que vai sendo das cousas
camiño do solpor...
Ás veces veñen voces
que me falan en soños
e fan co tempo un nó.

(Hoy, 18 de diciembre, mi padre hubiera cumplido 106 años. Falleció en 2002, a los 87. A él, como a mi madre, ambos gallegos, les debo el tesoro de una lengua que no es exactamente la mía pero que nunca he olvidado y aún me esfuerzo en aprender. La canción, de Antonio Luz, recrea bien escenas ligadas a esa lengua y a los días de los veranos de mi infancia pasados en Cerreda, en pleno corazón de lo que ahora llaman Ribeira Sacra).
Nota: agradezco a Carme Varela sus muy atinadas observaciones sobre algunas dudas ortográficas del texto.

jueves, 15 de agosto de 2019

Días de aldea

La imagen puede contener: cielo, nubes, exterior y naturaleza
Las hazañas del tiempo y la dejación: a la floresta le brotó una chimenea. Foto: AJR.
                                        
                                                                      (A mis hermanos y primos,
                                                                      que compartieron cosas parecidas.)
El verano extendido, una novela,
La insolación, de letras y de juegos,
en el Norte salvaje, entre los fuegos
de la noche en mis ojos: duermevela.
La promesa olorosa del castaño
que dejaba en mis manos y en mi pecho
la fragancia de un dios: niño al acecho
de su rostro de ramas tan extraño.
Y las horas sin fondo de la siesta,
con la aldea dormida y en la casa
las estancias secretas, los arcones.
Vida fuera del tiempo, eterna fiesta
del nada que temer, y el alma escasa
disuelta entre las grandes ilusiones.

(Versión gallego-cerredana de Maldoror Morsa)
Días no Casarello
Érache o brau na infancia unha novela,
“La insolación”, de letras e de alcumes
n’aquel Norte salvaxe, tantos lumes
da noite nos meus ollos sempre en vela.
A candea caída dos castaños
deixábame nas maus e máis no peito
o perfume de un dios, neno con xeito
guichando pr’os seus rostros tan estraños.
E nas horas valeiras, cando a sesta
calaba ó Casarello, a casa enteira
era un reino de cuartos e de alladas.
Vida fora do tempo, eterna festa
sin nada que recear, ca ialma estreita
disolta entre as pequenas trapalladas.

viernes, 22 de abril de 2016

Voces no sono

Santiago de Cerreda, Ourense. Foto de Ana.


Ás veces veñen voces
e fálanme no sono
como si non soubesen
co seu tempo pasou.
A súa musiquiña
soa como si fose
un aire cheo de maxia
que se achega ata min.
Non saben que están mortas
nin que eu durmo. É así
como quizais me falan
as xentes que viviron
no mismo sangue meu.

Os días de esas noites
teño visto, ó redor
das horas máis valeiras,
algúns raios de luz.
E, remuiñando niles,
miúdas criaturas
de po que se esvaecen
si achego a miña man.

Serán eses os átomos
de aqueles brancos corpos
de roxiños cabelos
e paseniño andar
que se sabían ramos
das árbores da vida
e non dan esquecido
cun día foron ollos
e aínda queren ver
qué vai sendo das cousas
camiño do solpor.

Ás veces veñen voces
que me falan en soños
e fan co tempo un nó.